
13 Dec A Carballa acolleu esta fin de semana dúas importantes probas de tiro con arco O club Arco Trasno organizou as competicións coa colaboración do Concello, algúns comercios locais e federación IFAA
Esta fin de semana o club Arco Trasno, organizou coa colaboración do Concello de Tomiño, e da IFAA (International Field Archery Assotiation), dúas competicións no pavillón da Carballa.
O sábado tivo lugar a competición internacional LYTA, Liga Internacional de Tiro con Arco. O premio será un pase con todos os gastos pagados a un campeonato nacional de sala para o gañador ou gañadora e para un acompañante. Os resultados coñeceranse nos vindeiros días.
Por outra banda, o domingo celebrouse a 1ª social Indoor IFAA, puntuable para u campeonato rexional Indoor de Galicia, primeira competición en Galicia de esta Federación. Máis abaixo publícanse os resultados desta proba.
A finalizar as competicions, fíxose unha merenda con produtos da contorna, grazas a varias tendas de comercio local, con todos os productos envasados individualmente, para evitar calquera contaxio da COVID.
O club Arco Trasno agradece a colaboración de todas as entidades pois sen o seu apoio sería imposible realizar eventos como este, e promete facer mais competicións co respaldo da federación e do Concello de Tomiño. “Queremos gradecer inmensamente ao Concello de Tomiño, por todo o apoio e a vontade para poder facer esta competición realidade, e achegar o tiro con arco a esta comarca e seus arredores”, destacan os organizadores.
Durante os dous días, o club fixo varios directos no Facebook da entidade, que poden verse en https://fb.watch/9RWWwm4os-/
Na competición de IFAA acadabanse os seguintes resultados (na foto Podium Indoor IFAA)
ARCO TRASNO | |
RODRÍGUEZ ALLERES Rubén | 1º FREESTYLE UNLIMITED JOVEN ADULTO HOMBRE |
RODRÍGUEZ VÁZQUEZ José María | 1º FREESTYLE UNLIMITED VETERANO HOMBRE |
MILLÁN FIGUEROA Adrián | 1º BAREBOW JOVEN ADULTO HOMBRE |
GONZÁLEZ GARCÍA Manuel | 2º BOW HUNTER VETERANO HOMBRE |
FERNÁNDEZ LÓPEZ Silvia | 2ª BAREBOW ADULTO MUJER |
FIGUEROA SALGUEIRO Carmen | 1ª BAREBOW ADULTO MUJER |
TOMBILLA ESCUDERO Luz Maria | 1ª HISTORICAL BOW ADULTO MUJER |
SAYAGO TOSCANO Manuel | 1º BOW HUNTER VETERANO HOMBRE |
BOA VILA | |
COSTAL GIRÁLDEZ Manuel | 1º BAREBOW ADULTO HOMBRE |
VILLARROEL SALGUEIRO Alberto | 1º BOW HUNTER ADULTO HOMBRE |