A Comisión pola Memoria Histórica organiza unha serie de actos esta semana O día 13 de abril terá lugar no Centro Goianés ás 20.00 horas, a presentación do novo libro de Carlos Méixome, “O Terror nas Tebras e outras catas na memoria”, baseado na represión franquista na comarca do Baixo Miño

Despois dun paréntese de dous anos de inactividade producido por mor da COVID-19, a Comisión Pola Memoria Histórica Baixo Miño – Louriña, organiza dúas actividades os vindeiros dias 13 e 14 de abril.

O mércores 13 de abril terá lugar no Centro Goianés ás 20.00 horas, a presentación do novo libro de Carlos Méixome, “O Terror nas Tebras e outras catas na memoria”, baseado na represión franquista na comarca do Baixo Miño.

Ao día seguinte, xoves 14 de abril, terá lugar no Alto do Couso (parroquia de Tebra), ás 12 do mediodía, unha homenaxe ás persoas alí asasinadas. E ese mesmo día, ás 14.00 horas, haberá un xantar republicano en homenaxe a Paco Lores Santacecilia, na asociación Copo sen Fundo (parroquia de Goián), con cocido e opción vexetariana.

As persoas interesadas en asistir poden apuntarse chamando ao número de teléfono 610530494.

Os actos pola memoria histórica contan coa colaboración do Concello de Tomiño.