
09 Abr A Deputación de Pontevedra e a CIM do Alto Minho presentarán a marca Río Miño no parador de Tui o 13 de abril O Concello de Tomiño asistirá ao acto. A creación dunha marca común para o territorio do Río Miño Transfronteirizo é unha das principais accións do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño
O Concello de Tomiño asistirá á presentación da marca turística Río Miño, organizada pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, o vindeiro sábado 13 de abril, ás 12.15h no parador de Tui.
A creación dunha marca común para o territorio do Río Miño Transfronteirizo é unha das principais accións do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño.
Programa do acto:
12.15h Recepción das e dos asistentes.
12.30h Desenvolvemento do acto.
13.30h Cóctel e actuación musical.