A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza os Roteiros do Miño co fin dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural.

Así, leváronse a cabo a Ruta das Pesqueiras e a Ruta da Cabana do Ladrón, quedando pendentes para próximas datas, as seguintes: Ruta dos Fortes da Guerra de Restauración (29 de agosto. 9.30h. PT); Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT); Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL).

Para poder participar en calqueira destas rutas, é preciso reservar praza inscribíndose nos roteiros a través da ligazón https://eurocidadeonline.cm-vncerveira.pt/#/home. Para isto é preciso rexistrarse como cidadán da Eurocidade cubrindo un formulario cos datos persoais. Ante calquera dúbida pódese chamar ao número +351 251 708 020 ou enviar un correo a cerveira@eurocidadecerveiratomino.eu.