A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca unha praza de condutor interino A presente convocatoria publicouse na sede electrónica da agrupación de concellos

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca unha praza de condutor de carácter interino para cubrir a baixa do titular da praza e a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse na plantilla de condutores. 

A presente convocatoria está publicada na sede electrónica. A xornada será a tempo completo e entre as funcións a desenvolver están a condución de vehículos e maquinaria da Mancomunidade, realizar o mantemento mecánico básico e conservación dos vehículos,  así como na condución de maquinaria pesada que se estime oportuna, como camións, tractores con apeiros axustados…