A mocidade de Tomiño tomará as rúas para provocar a reflexión en torno ao dereito á auga Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO)

A mocidade de Tomiño non para, e neste caso participa coas mozas e mozos doutros nove concellos nunha mobilización moi pouco convencional. Trátase do que se denomina como “comunicación de guerrilla” e que consiste, básicamente, en utilizar intervencións no Espazo público para captar a atención da Sociedade e xerar reflexións na cidadanía en torno a unha temática en concreta. A través de accións de performance, de uso non vandálico do mobiliario público e outras estratéxias do mundo da publicidade.

As mozas e mozos de Tomiño, xunto coa mocidade de outros nove concellos – A Pastoriza, Bergondo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ponteareas, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Pontevedra e Teo – que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, poderán paticipar en obradoiros sobre comunicación orientada ao cambio social, onde aprenderan técnicas tan innovadoras como as da “comunicación de guerrilla”, pero tamén sobre a temática que abordarán na súa mobilización: a auga como un dereito humano fundamental e a crise climática global.

O Obradoiro “Técnicas Básicas de Comunicación de Guerrilla” en Tomiño terá lugar o vindeiro 8 de outubro de 9 a 13h e de 16h a 18h en Goián, no edificio anexo ao Mercado Municipal. A inscrición é de balde e pode facerse dende xa na web municipal tomino.gal ou a través da ligazón: https://tomino.gal/inscricion-comunicacion-de-guerrilla/. Tras o obradoiro, levarase a cabo a acción de comunicación de guerrilla final como intervención pública de denuncia e sensibilización.

 Estas accións enmarcanse no proxecto ‘People & Planet: un destino común’ promovido pola Comisión Europea e que busca sensibilizar e concienciar ás mozas e mozos europeos sobre o cambio climático e o seu grave impacto no planeta e na vida das persoas. O obxectivo é convertirlles en axentes activos do cambio. A iniciativa comezou en 2020 e terá unha diuración de 4 anos.