A Oficina de atención do ORAL no Concello de Tomiño amplía o seu horario de atención O persoal da oficina desprazarase a Tomiño todos os mércores en horario de mañá e tarde

A Oficina do ORAL sita no Concello de Tomiño, dobrará practicamente o seu horario de atención ao público, pasando de catro horas e media a sete. O día de atención ao público será, coma sempre, os mércores de cada semana, quedando da seguinte maneira: mañás, de 9.00 a 13.30 e tardes, de 14.30 a 18.00 horas.

A ampliación do horario foi posible grazas ás solicitudes feitas polo Concello neste sentido, xa que as horas dos mércores pola mañá, eran insuficientes para atender o volume de usuarios e usuarias que utilizan o servizo, sen ter que desprazarse até outras oficinas da comarca.

Lembrar que a atención é EXCLUSIVAMENTE CON CITA PREVIA (chamando ao teléfono de atención ás persoas contribuíntes 986 804 100).

Tamén pode obtenerse cita previa a través dos seguintes enlaces:

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/