A OMIX suma adestramento canino e cestería á súa oferta de formación O obradoiro de vídeomapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, pásase por razóns de forza maior, á fin de semana do 23 e 24 de xullo.

Continúa aberto o prazo para anotarse (a través da páxina web www.tomino.gal) no obradoiro de vídeo mapping organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Dende Navarra e a bordo da súa máquina voadora chegará a Tomiño o artista visual Miguel Martínez Caraballo para impartir un obradoiro de vídeomapping, inicialmente previsto para o vindeiro venres, 8 de abril, pero que por razóns de forza maior, tivo que adiarse á fin de semana do 23 e 24 de xullo. O alumnado participará activamente durante dous intensos días de formación e proxectará sobre a fachada do concello o videomapping realizado.

Data: 23 e 24 de xullo de 2022

Horario curso: venres e sábado de 19h a 21h

EVENTO VIDEOMAPPING: sábado ás 22h

Idade: A partir de 12 anos

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Tomiño

Prezo: 20€

Outra proposta para este mes é un curso teórico-práctico de pintura básica impartido por Gemma Marqués, co obxectivo de entender a teoría da cor, aprender a misturar as cores dun xeito rápido e eficaz, facer gamas de cor, aplicalas nos cadros e así poder crear obras cunha técnica axeitada, fácil e rápida.

Data de inicio: mércores 20 de abril
Horario: mércores de 17h a 18.30h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: OMIX TOMIÑO
Data de finalización: 11 de maio

Prezo: 15€

 

Pero ademais xa é posible facer a inscrición para os NOVOS CURSOS DE MAIO

CURSO DE ADESTRAMENTO CANINO (iniciación)

Neste curso impartiranse nocións para lograr unha boa comunicación con cans e cadelas; diferentes opcións de materiais dispoñibles no mercado; utensilios de paseo, correas, arneses ou colares, xoguetes etc. Coñeceranse as necesidades das mascotas, como satisfacelas axeitadamente e as bases do adestramento básico para o día a día, como por exemplo unha chamada efectiva. As persoas interesadas deberán asistir ao curso coa súa mascota, aínda que se permitirá tamén a asistencia de persoas en calidade de oíntes.

Data de inicio: sábado 14 de maio.
Horario: sábados de 11 a 13h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián

Data de finalización: 11 de xuño.
Prezo: 20€

CURSO MONOGRÁFICO DE CESTERÍA: A CESTA MIXTA

Curso especializado nunha peza en particular, neste caso, a cesta mixta. Este curso dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Na primeira parte aportaranse datos detallados sobre a peza a tratar e datos sobre a identificación das materia primas que se empreguen. Cada participante aprenderá a confeccionar, crear e compoñer a súa propia peza, coa guía que aporte o docente.

Data: día sábado 21 de maio
Horario: de 10 a 13h e de 16h a 20h
Idade: a partir de 12 anos
Lugar: Escola Obradoiro de Goián
Prezo: 10€