06 Feb A partir do día 7 de febreiro poden presentarse as solicitudes para a selección dunha praza de Condutor en réxime de interinidade O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases da convocatoria. O prazo será de dez días hábiles
A partir do día 7 de febreiro (e até o 20 de febreiro) poden presentarse as solicitudes para participar no proceso de selección para a contratación dunha praza de condutor de maquinaria da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, en réxime de interinidade ata a incorporación do titular da praza.
Nesta páxina pódense consultar, tanto as bases, coma o modelo de instancia e autobaremo, que deberán presentarse entre os días 7/02/2020 e 20/02/2020, ambos os dous incluídos.
Aquelas persoas que se presentaron á convocatoria desta mesma praza no ano 2019, so terán que volver a presentar o novo modelo de instancia (indicando, se é o caso, que queren que se teña en conta para esta, a documentación xa presentada), o novo impreso de autobaremo cuberto, e (IMPORTANTE) poderán engadir a maiores NOVA documentación que consideren oportuna.
20200110_Acordo_bases segunda seleccion conductoir interino MIBM