A película italiana “Lazzaro Feliz” proxéctase este xoves no Cineclub Poleiro de Goián A función -de cine fantástico- será esta noite no auditorio de Goián

O xoves, 9 de xaneiro no auditorio de Goián ás 21.30 horas, o Cineclub Poleiro proxecta a película de cine fantástico , LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohrwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)
Sinopse : Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea, lonxe do mundo, controlada pola marquesa Alfonsina de Luna .Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.

PREMIOS:
2018: Festival de Cannes: Mellor guión (ex aequo)
2018: Premios do Cine Europeo: 4 nominacions incluindo mellor película
2018: Festival de Sitges: Premio Especial do Xurado
2018: Premios David di Donatello: 9 nominacions, incl. mellor película e director

O cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.