A praia de Goián estará aberta ao público até o mes de setembro Conta con ducha, baños, punto de información, alquiler de kaiaks e bicicletas. O Concello vén de instalar unha cadeira de vixilancia para os socorristas

A praia de Goián, situada xunto ao Espazo Fortaleza, ten dous socorristas até o vindeiro 1 de setembro, entre as 13.00 e as 20.30 horas. O Concello vén de instalar unha cadeira de vixilancia para incrementar a seguridade das persoas que se bañan nesta praia, que conta ademais cun pantalán adaptado para embarcacións náuticas e servizos coma ducha, baños, punto de información e recreo, préstamo de libros e xogos, espazo de lactancia, alquiler de kaiaks e bicicletas, etc.