06 Xul A Terra transformada en arte Exposición de cerámica no Mercado de Tomiño
A exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, de Pilar Pintos, pode visitarse no primeiro andar do Mercado Municipal, até o sábado 15 de xullo.
A mostra reúne gran variedade de obras, realizadas con diferentes técnicas, que resultan atractivas, tanto polo seu colorido e volumes, como pola proposta estética.
A actividade é unha das programadas dentro da axenda cultural de verán “O Son da Praza”, que propón ademais para este venres, 7 de xullo, Cine na Rúa, coa proxección da película “Ice Age 5”, a partir das 22.30 horas, na Praza do Seixo.
A ceramista Pilar Pintos, viguesa radicada en Eiras, manifestou a súa satisfacción pola posibilidade que lle deu o Concello, para achegar a arte da cerámica, “unha gran descoñecida”, á cidadanía.