A Unidade Móbil de Inspección de Vehículos Lixeiros estará en Tomiño os días 3 e 4 de xuño Estará situada no Campo de Festas do Alivio

Comunicamos que a unidade móbil de inspección técnica  desprazarase a Tomiño os días 3 e 4 de xuño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS LIXEIROS (masa menor ou igual a 3.500 kg)

O lugar do seu emprazamento será no Campo de Festas do Alivio.

O horario para as inspeccións será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas o día 3. O día 4 as inspeccións realizaranse só en horario de mañá.

Poderase reservar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.