A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES ESTARÁ EN TOMIÑO EN SETEMBRO E OUTUBRO AS REVISIÓNS REALIZARANSE NA EXPLANADA DA POLICÍA LOCAL (BARRIO DA ROCHA)

Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Ciclomotores achegarase a Tomiño os días 28 de setembro e 10 de outubro.

Instalarase na explanada diante da Policía Local (Barrio da Rocha, número 8), en horario de 9 a 13.30 horas (só de mañán).

A cita pode concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.