A UNIDADE MÓBIL DE MAQUINARIA AGRÍCOLA estará en TOMIÑO OS DÍAS 19, 20 e 21 DE ABRIL O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde

A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (vehículos sen carga). O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local.

Estará presente os días 19, 20 e 21 de abril.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

Para solicitar cita previa no Tlf: 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com no apartado de cita previa.