A vindeira fin de semana remata a axenda cultural de primavera e comeza o ciclo de verán O Son da Praza O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da  Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño “MISS DOCET”

A cultura como destino

 A vindeira fin de semana o auditorio de Goián volverá  ser un destino a ter en conta para gozar dunha intensa e extensa oferta cultural municipal.

O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño “MISS DOCET”, o novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista” e que será interpretada pola actriz Iria Pinheiro. Trátase dunha peza de teatro documental na que se recupera a memoria de Emilia así como a doutras mulleres que tamén foron silenciadas despois do 1936. A obra de teatro pretende traer á actualidade a biografía de Emilia Docet e dese xeito reparar unha parte da nosa historia e da nosa loita. A entrada é de balde.

Ao día seguinte, domingo 29 de maio, ofertarase un espectáculo familiar para todos os públicos. Chega a Tomiño POLO CORREO DO VENTO, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. A actividade está financiada polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra. Achegarémonos de xeito creativo e divertido á figura de Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle adicou o día das letras galegas 2022. Entrada gratuíta.

E como colofón a programación #primaveractiva, tamén sen custe, tamén o  domingo 29 ás 20h, poderemos gozar no mesmo lugar de tres curtas pezas teatrais presentadas por Teatro da Apocalipse para rir e gozar co teatro.