A visita organizada polo Concello a Viveiros Nilo, posponse por mor da chuvia Enmarcada dentro da Ruta Artes e Oficios 2019, a saída terá lugar o mércores 14 de agosto ás 20.30h

O mércores 14 de agosto terá lugar, dentro da Ruta Artes e Oficios 2019, unha visita guiada polo viveiro máis antigo de Tomiño: Viveiros Nilo. A actividade estaba prevista inicialmente para o xoves 8 de agosto, pero por mor da chuvia, foi posposta para o día 14, á misma hora.

A través desta nova visita guiada, as persoas que se apunten coñecerán os procesos de produción e as variedades de plantas máis importantes no viveiro. Coma a capacidade é limitada, resulta imprescindible anotarse previamente, a través da web municipal (https://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-pat…/). A saída será ás 20.30 horas. Actividade de balde e para todos os públicos.



X