A Volta Ciclista de España pasa este sábado por Tomiño A etapa 20 sae de Sanxenxo e remata en Mos-Castro de Herville, cun percorrido de 202 Km. de montaña

A Volta Ciclista de España pasa mañá sábado, 4 de setembro, por terras tomiñesas. A etapa número 20 transcorrerá entre Sanxenxo e Mos (Castro de Herville), cunha lonxitude de 202,2 Km. de montaña. Unha etapa que promete ser moi divertida para o espectador. A primeira parte, relativamente chaira, dará paso a unha pequena clásica, con subidas e baixadas constantes e cinco portos curtos pero duros, unha sorte de mini Lieja a falta dunha etapa para acabar A Volta 21.

No mapa pódese consultar a hora na que pasará por Tomiño, chegando dende a rotonda de Areas (Tui), e pasando por Sobrada, Piñeiro, Taborda, Hospital, Vilameán, Cristelos e Vilachán do Monte, para saír rumbo a Burgueira.