Aberto o prazo para inscribirse no campamento musical “IMAXINA” A actividade, que consistirá nunha aprendizaxe musical lúdica e en convivencia, celebrarase en Goián na segunda quincena do mes de agosto. As prazas son limitadas, polo que é imprescindible realizar pre-inscrición a través da páxina web municipal

En colaboración coa Agrupación Musical de Goián, o Concello de Tomiño organiza “IMAXINA. Campamento Musical 2021”, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

A actividade, que consistirá nunha aprendizaxe musical lúdica e en convivencia, celebrarase en Goián na segunda quincena do mes de agosto. As prazas son limitadas, polo que é imprescindible realizar pre-inscrición a través da páxina web municipal (https://tomino.gal/campamento-musical-2021).

O horario do campamento será matutino (de 10.00 a 14.00 horas) coa posibilidade de solicitar o Plan Madruga (de 9.00 a 10.00 horas) 

O prezo será de 30 euros una semana(persoas socias da banda 15€), e de 45€ dúas semanas(persoas socias da banda 25€). Se se escolle o Plan Madruga, serán 5 euros máis por semana.

Por outra banda, por mor da Covid-19, este ano non se ofertará o campamento urbano que se acostuma organizar cada verán nas instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán. O motivo é que, polas súas características (actividade sen límite de prazas, con máis de 100 nenos e nenas), en caso de choiva, disponse só dun ximnasio con espazo reducido, polo que non se poderían cumprir as medidas de distanciamento físico establecidas pola lei.