08 Abr Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos As persoas beneficiarias desta prestación serán as que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nacidos, adoptados ou acollidos entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017.
Aberto o prazo para solicitar a PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS
As persoas beneficiarias desta prestación serán as que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nacidos, adoptados ou acollidos entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017.
REQUISITOS:
1. Que os proxenitores ou proxenitoras teñan residencia habitual en Galicia.
2. Que na data da solicitude os nenos e nenas convivan coa persoa solicitante e que nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estiveran obrigados a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentación de xeito voluntario, aínda sen estar obrigadas a iso.
PRAZO: ata o 28 de maio de 2019.
CONTÍA DA AXUDA cando sexa:
1º Fillo/a: 360€
2º Fillo/a: 1.200€
3º Fillo/a: 2.400€
Para máis información: dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (antigo centro de saúde. A Rocha) ou ben, chamar por teléfono ao 986 62 32 11 en horario de mañá (8.00 a 15.00 horas).