13 Xuñ ADETO lanza unha nova campaña de promoción do comercio local con colaboración do Concello A Asociación busca poñer en valor a ampla oferta de moda e imaxe persoal e animar á xente a descubrir o que o comercio local ofrece
ADETO e o comercio local anímante a “poñerte guap@”
Así presenta a súa nova campaña a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, ADETO.
Desde o mércores 15 ao sábado 25 de xuño, os clientes que merquen no comercio asociado participarán no sorteo de tres vales de 50 euros para gastar en moda e estilismo escollendo, entre Confecciones Isabel, Roupa Paredes, Rodríguez Moda, Ro&Ro, Lito Sport, Morell*85, Streetwise Babi e Calzados González para roupa, calzado e complementos, e entre Purificación Peluquería, Peluquería L&R, Arte Salón Orgánico, Riveiro Peluqueros, A Coquetiña, Peluquería Isabel Rodríguez, Espazo VIP e Donna Bella, para servicios de perruquería e estética.
Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, ADETO busca poñer en valor e visibilizar a ampla oferta de moda e imaxe persoal do municipio e animar á xente a descubrir todo o que o comercio local lles ofrece.