Aínda quedan prazas libres para o curso de CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES A actividade formativa enmárcase dentro do PROXECTO LABORA 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO

O curso “ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (AGAR0309)” da Deputación de Pontevedra e que se vai impartir en Goián, adíase para o día 27, xa que aínda quedan 5 prazas libres.

 

DATAS ESTIMADAS DE INICIO E FIN: 27/06/2022 a 26/09/2022

LUGAR DE IMPARTICIÓN: CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL “O REGATIÑO”. R/ SUBIDA AO REGATIÑO S/N. GOIÁN.

LOCALIDADE: TOMIÑO

HORARIO: 16:00h a 21:00h

O CURSO ESTÁ DIRIXIDO A: Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG que cumpran OBRIGATORIAMENTE algún dos seguintes requisitos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD): mais de 1 ano continuado en desemprego.
  • Persoas mozas menores de 30 anos non atendidas no Programa Operativo de Empleo Juvenil (POEJ)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos:
    • persoas que viven en fogares compostos de unha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo
    • persoas sen fogar ou afectadas por exclusión en materia de vivenda
    • vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero
    • solicitantes de asilo
    • persoas con problemas de adicción
    • persoas reclusas e ex-reclusas
    • persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais
    • persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.

OFRÉCESE: AXUDA ECONÓMICA ÁS PERSOAS QUE CAREZAN DE RENDAS OU INGRESOS DE CALQUERA NATUREZA IGUAIS OU SUPERIORES EN CÓMPUTO MENSUAL AO 75% DO IPREM, OBTEÑAN O DIPLOMA E CUMPRAN CO 90% DA FORMACIÓN.

FORMACIÓN GRATUÍTA

As persoas interesadas poderán dirixirse a:

Teléfono: 986 80 41 00

e-mail: labora2020@depo.es

Inscricións:  https://www.depo.gal/es/-/proxecto-labora-2020

 

PROXECTO LABORA 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO