Alba Grande trae ao Alivio contos para derretera a cera

Alba Grande trae ao Alivio contos para derreter a cera A actriz ourensá chega co seu espectáculo este xoves 10 á Praza do Seixo (19 h). De balde con reserva de entrada no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

Tarde de monicreques e teatro para toda a familia no Alivio. Este xoves 10 de setembro será a quenda de Alba Grande, que chegará a Tomiño co seu novo espectáculo, ‘Contos para derreter a cera’. A actriz e titiriteira ourensá sorprenderá cun espectáculo único do que o público non se perderá detalle. Será a partir das 19 horas na Praza do Seixo e con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.

A actividade será de balde, aínda que será necesario reservar entrada previamente chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.