Alcaldes e alcaldesas da fronteira continúan coa súa loita para a apertura das pontes de Salvaterra, Goián e Tui, para traballadores transfronteirizos Tamén participaron dous traballadores afectados polo peche dos pasos

A Ponte Internacional que liga Monção e Salvaterra do Miño foi escenario, esta mañá, da segunda acción de protesta pola reabertura de máis puntos de paso entre Portugal e España, protagonizada polos presidentes dos 12 municipios portugueses e galegos bañados polo río Miño. Dous traballadores transfronteirizos estiveron tamén presentes, para testemuñar o impacto do peche de fronteiras no seu día a día, exhibindo carteis coa frase “Déixenme traballar”.

O director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT Río Miño), Uxío Benítez, subliñou que “estas dúas persoas simbolizan todo aquilo polo que os alcaldes andan a reivindicar. Non se trata de abrir fronteiras dunha forma xeneralizada para o turismo, mais si de algo máis xusto e preocupante que é os traballadores transfronteirizos faceren unha vida normal. O que está en causa é a colocación de medios para controlar a abertura de máis puntos de paso”.

Subliñando que a ponte “é unha rúa que atravesa o río Miño, e na cal pasan, diariamente, 10 mil coches”, o alcalde de Monção alertou para o feito de “os traballadores transfronteirizos estaren a sufrir efectos económicos e persoais hai moitos meses”. E engadiu: “Somos pequenos, somos poucos, mais somos xente. Queremos sobrevivir, é xa do que se trata. Hai xa moitos peticións de axuda, hai pobreza encapotada, a economía está a definhar e o que se pide aos Gobernos é que axuden a fronteira, axuden os pobos de ambos os lados”.

Cecilia Puga, peiteadora galega con salón en Melgaço hai 19 anos, facía unha viaxe casa/traballo de só seis minutos. Co peche de fronteiras debido á pandemia Covid-19, a empresaria  vese obrigadaa percorrer cerca de 160 kms por día, tendo que pasar no único punto de paso aberto na ribeiría, en Valença-Tui, alén de demorar moito máis tempo. “A semana pasada, o SEF non validou a miña declaración e tiven que ir a Vigo facer novo recoñecemento, demorando cinco horas en chegar ao meu posto de traballo. É unha inxustiza”, comentou.

Á súa vez, Vítor Domingues, referiu que, en 22 anos de feirante, a semana pasada foi “a primeira vez que non abriu a caixa, non faturando un cêntimo”. Presenza habitual nas feiras entre Melgaço e Camiña, o feirante que ostentava un cartel con “Déixenme traballar”, afirmou que esta situación está a provocar “un colapso económico total na raia? e o que se pide é que “os gobernos ollen para o Norte de Portugal e a Galiza”.

Ao final alcaldes e alcaldesas garantiron que esta reivindicación vai seguir producíndose para flexibilizar as milenarias relacións entre o Norte de Portugal e Galiza.