Andrea González Ucha, dos Teixugos, gaña o XXI Slálom Internacional de Fridâo

A palista Andrea González Ucha, do Club Deportivo Miño Os Teixugos, acadou unha merecida primeira posición na categoría K1 feminina, no XXI Slálom Internacional, proba celebrada na localidade portuguesa de Fridaô o domingo 8 de febreiro pasado.

Aínda que a proba non é puntuable para o circuíto galego, cada ano os Teixugos acoden a Fridaô como preparación para a xa inminente Liga de Slálom, tanto nacional como autonómica. Esta é unha proba difícil, pois compítese en categoría única. Todos os Teixugos entraron en finais, excepto Santiago e Adrián, que por un erro na inscrición quedaron fóra.

Nas finais, Andrea González Ucha acadou unha merecida primeira posición na categoría K1 feminina. Sendo a nosa palista mellor clasificada. Nesa mesma categoría Marina Ruedas, Laura Alonso e Laura Soutelo quedaron en 4ª, 5ª e 6ª posición respectivamente.

En k1 masculino Manuel Ochoa rematou 4º e Brais Castro 7º, mentres que en C1 masculino Brais Castro acadou o 5º posto.

O días 28 de febreiro e 1 de marzo dará comezo o tempada nacional coa 1ª proba do Campionato de España que se celebrará na Seu D´Urgell en LLeida onde esperamos que os Teixugos fagan un bo papel na complicadísima Canle Olímpica desta cidade.

FOTOS: https://picasaweb.google.com/109529194923691483792/Fridao15