Aprobadas as bases do desfile de Entroido “Venres de Foliada 2020” As comparsas sairán o día 21 de febreiro e as inscricións deben facerse a través da Sede Electrónica da páxina web entre o 28 de xaneiro e o 4 de febreiro

A xunta de Goberno Local de Tomiño aprobou por unanimidade as bases do desfile de comparsas “Venres de Foliada” 2020.

O Concello de Tomiño organizador do desfile, abre o prazo de inscrición das comparsas dende o día 28 de xaneiro ao 04 de febreiro, ambos os dous inclusive.

O desfile terá lugar o venres 21 de febreiro ás 21.30 h. En caso de choiva realizarase o venres 28 de febreriro á mesma hora.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:
As inscricións deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello, (será obrigatorio a presentación a través da sede electrónica para as asociacións), ubicado na seguinte URL: https://tomino.sedelectronica.gal/dossier.1.
A documentación requirida para a inscrición é a seguinte:
Certificado de titularidade da conta da persoa representante ou da comparsa.
Póliza do seguro de responsabilidade civil.
Xustificante de pagamento do seguro de responsabilidade civil.

As bases completas poden consultarse no seguinte enlace:

CERTIFICACIÓN APROBACIÓN BASES VENRES DE FOLIADA 2020