As asociacións de Tomiño interesadas en participar na Cabalgata de Reis, deberán solicitarlo entre os días 3 e 7 de decembro O desfile será o día 5, con saída dende O Alivio ás catro e media da tarde, cara ao Seixo

A Xunta de Goberno Local, aprobou onte por unanimidade, as bases para a organización da Cabalgata de Reis 2o19. O obxectivo destas bases é regular a participación no desfile a través de carrozas, das entidades ou asociacións sen ánimo de lucro rexistradas no Concello.

O desfile será o día 5 de xaneiro, con saída ás 16.30 horas dende O Alivio, co percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría de Cultura.

Para solicitar a participación, as asociacións deberán presentar na Sede Electrónica do Concello (na páxina web: tomino.gal) o formulario habilitado para tal fin, entre os días 3 e  7 de decembro de 2018.

Para máis información, presentación de documentación e solicitude, visitar os seguintes enlaces:

Bases cabalgata 2018_2019 CERTIFICADO anexo para solicitude

anexo para solicitude