01 Xuñ A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño entrega máis de 18 toneladas de alimento no mes de maio Pódese facer chegar calquera tipo de axuda contactando por teléfono ou a través da web www.sostomino.org
Máis de 18.000 quilos de alimentos entregados no mes de maio.
A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai un balance do mes de maio de 2020, no que fai constar:
a) as familias atendidas nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia
b) a cantidade de alimentos entregados.
Atendéronse 522 persoas, organizadas en 168 unidades familiares.
Entregouse un total de 18.124 quilos de alimentos. A distribución é a seguinte:
· 3.598 entregáronse en Tomiño,
· 11.356 en Tui,
· 1.227 no Rosal
· 1.943 en Oia.
NECESITAS AXUDA?
Seguindo o protocolo derivado do Estado de Alarma, as oficinas de atención ao público permanecen pechadas
Estamos a atender ás familias que necesitan axuda
· a través do correo electrónico sostomino@hotmail.es
· por WhatsApp ou teléfono (629 258 069 ou 655 607 935).
Toda a información que se poida necesitar, pódese atopar na páxina web www.sostomino.org
QUERES AXUDAR?
Pódese facer chegar calquera tipo de axuda contactando cos teléfonos anteriores ou a través da web www.sostomino.org