Até o día 18 de maio poderá matricularse o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria nos centros educativos de Tomiño A medida afecta só a nenos e nenas que entren en Educación Infantil (3 anos) ou a aqueles doutros cursos, que queiran cambiar de centro

Coincidindo coa Fase 1 da desescalada, os centros educativos de Tomiño, permanecerán abertos entre os días 11 e 18 deste mes, para a formalización dos trámites de solicitude de admisión do alumnado de nova incorporación para Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021; trámites que foron suspendidos cando se decretou o Estado de Alarma.

Ás persoas ás que afecta esta resolución son as nenas e nenos que entran a Educación Infantil (con tres anos de idade), e aqueles do resto de cursos que estean matriculados noutros centros e queiran cambiar.

Hai que aclarar que o alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés que vaia o vindeiro curso ao seu colexio de Primaria de referencia, así coma o de 6º de Primaria dos centros de Barrantes, Tebra, Sobrada, Pedro Caselles, Goián, que solicitan praza para o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, están exentos de facer esta reserva, pois xa a fixeron no mes de febreiro pasado.

A solicitude pode presentarse presencialmente, logo de descargala e imprimila desde httos://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou ben, entrar nese mesmo sitio, cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. (Toda a información necesaria pode atoparse tamén na páxina web (www.tomino.gal) e redes sociais do Concello de Tomiño.

Se se desexa presentar o impreso de manera presencial, é necesario, solicitar antes cita previa no centro educativo correspondente, seguindo neste casos as normas de prevención aconselladas polas autoridades sanitarias.

A confirmación da matrícula realizarase do 1 ao 10 de xullo.

Pódese solicitar cita previa nos seguintes teléfonos:
CRA Mestre Manuel Garcés 986 622775
CEIP de Barrantes 986 622651
CEIP de Sobrada 886 110 744 / 886 110 745
CEIP Pintor Antonio Fernández 886 110 741
CEIP Plurilingüe de Tebra 886 110 735
CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán 886 110 738
IES Antón Alonso Ríos 886 120 522