Brais Pereira consigue a medalla de bronce na Copa de España Cadetes celebrada en Avilés

 

O judoka tomiñes Brais Pereira Amorín, alzouse este fin de semana coa medalla de bronce na categoría de menos de 81kg da copa de España cadete de judo que se celebraba en AVILES coa participación das 16 comunidades autónomas e representantes de Portugal e Francia.
O judoka tomiñes pertencente ao club de judo DO-SIMPÁTICO foi apartado da final polo judoka portugués, gañando daquela todos os seus combates de repesca conseguindo así a medalla de bronce.
Hai que lembrar que esta xa é a segunda medalla que consegue Brais
na presente tempada situándose así entre os mellores do ranking nacional.

Yoanna Dacuña
Outra judoka goianesa, Yohanna Dacuña González, participaba na Supercopa de España, pero neste caso na categoría infantil de menos de 48 kg. A pesar da súa curta idade e de levar aínda pouco tempo competindo a nivel nacional sorprendeu gañando tres do seu catro combates, meténdose a disputar a medalla de bronce. Tras imporse durante o primeiro minuto, lesionouse e tivo que retirarse.