CADERNO 2 DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN CONGNITIVA PARA REFORZAR A MEMORIA A Asociación Párkinson Baixo Miño agradece o esforzo que están facendo os Servizos Sociais dos concellos no reparto dos cadernos

O departamento de Benestar Social do Concello  de Tomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do servizo, dun caderno que se elabora semanalmente, con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa.
O 2º caderno xa está a disposición de todas as persoas que o desexen, no enlace:
Recordamos que calquera persoa pode recibilos na súa casa en papel. Para solicitalos teñen que chamar aos teléfonos 627438882 / 690006266 ou enviar un correo a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo.
Dende a Asociación Párkinson Baixo Miño agradecen o esforzo que están facendo os Servizos Sociais dos concellos no reparto dos cadernos.
Semanalmente, publicaranse máis cadernos cos enlaces para acceder a eles.