![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2018/11/IMG-20181114-WA0002-crop.jpg)
15 Nov Charly López disputa en Vigo a semifinal do campionato de boxeo Torneo WBC Jose Sulaiman O deportista goianés é o actual Campión Galego de Boxeo e tamén de Kick Boxing, e compite na categoría de 69Kg. Súper Welter
Charly López, do club Spartan Team Tomiño, participa o vindeiro sábado, 17 de novembro, no campionato de boxeo Torneo WBC Jose Sulaiman, na semifinal amateur.
O goianés é o actual Campión Galego de Boxeo e tamén de Kick Boxing, e compite na categoría de 69Kg. Súper Welter, no pavillón municipal de Bouzas (Vigo) a partir das cinco da tarde.
Dende a Concellería de Deportes, deséanlle sorte e que siga ascendendo na súa carreira profesional.