
10 Xuñ Charly López do club Spartan Team de Tomiño, proclámase por terceiro ano consecutivo Campión Galego de Boxeo A final disputouse o pasado sábado en Ferrol entre o goianés e Olmo de Paz, do club Planas Box, de A Coruña
Charly López, do club Spartan Team de Tomiño, proclamouse por 3º ano consecutivo, Campión Galego de Boxeo da división reina(elite) na categoría do -69kg., clasificándose desta maneira para o campionato de España que serán en xullo;
A final disputouse o pasado sábado en Ferrol, nun combate que foi de menos a máis e que finalmente conseguía gañar o goianés por K.Ou no terceiro asalto, ao seu novo pero experimentado rival, Olmo de Paz do club Planas Box de Coruña.
Dende a Concellería de Deportes, fan chegar parabéns polo esforzo e deportividade.
Na imaxe acompañado de amigos e axudantes, Isma, Dani, Jose e Santi.