‘Chola a It Girl’ encherá de humor 
este sábado 9 o Auditorio de Goián Artesacía chega a Tomiño con este espectáculo dirixido a público adulto que comezarás ás 22.00 h. Entradas: 3€, venda en taquilla unha hora antes

Un show en formato televisivo con moito humor, moita música e moitas sorpresas. Así e ‘Chola a It Girl’, o espectáculo que co Artesacía chega este sábado 9 ao Auditorio de Goián no que haberá vídeos, proxeccións de viodemapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e moitas gargalladas aseguradas.

Todo grazas á desenvoltura de Chola, unha mecánica cunha canle de YouTube contratada por un teatro para realizar o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en 10 sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira it girl rectificada, convertendo o rural e o auténtico en tendencia. Un espectáculo con moito humor, moita tradición e moita identidade que non deixará indiferente ao público. Unha Niki Lauda en feminino dentro dun coche e sobre un escenario!

As entradas, a 3 euros, poderán comprarse en taquilla unha hora antes da función.

 

Queres ver o trailer??



X