11 Xul Comeza o Curso de fotografía organizado polo Concello en Goián Durante dúas semanas impartirase de 9.00 a 14.00h, para nenos e nenas maiores de 12 anos
Mañá, martes 12 de xullo, arrancao Curso de Fotografía organizado polo Cooncello dentro da súa axenda de verán.
Durante dúas semanas impartirase en Goián de 9.00 a 14.00h, co obxectivo de transmitir os coñecementos teóricos e prácticos da técnica fotográfica. Así, os nenos e nenas maiores de 12 anos tratarán aspectos como a luz, a obturación, a velocidade e a sensibilidade, formación que lles permitirá aprender o funcionamento dunha cámara fotográfica.