Comunicado en relación coa Festa de Maiores de Sobrada

A raíz do erro con respecto á difusión da Festa dos Maiores celebrada anualmente na parroquia de Sobrada, o Concello de Tomiño comunica que se trata dun fallo humano. Calquera sistema soportado por un equipo de persoas está suxeito a posibles equivocacións, como sucedeu neste caso.

O Concello quere trasladar as máis sinceras desculpas polo fallo na difusión e lamenta profundamente que se intente politizar un erro humano que carece de calquera transfondo. Unha proba desta total falta de intencionalidade é que en edicións anteriores as invitacións trasladáronse á Corporación municipal en tempo e forma.

A prioridade do Concello seguirá sendo traballar para servir á veciñanza e colaborar na medida do posible para que todos os eventos importantes que se realicen no municipio poidan desenvolverse sen contratempos.