Continúa aberto o prazo para a creación dunha bolsa de persoal de desinfección-limpadores/as para o curso escolar 2021-2022 Até o día 21 de outubro as persoas interesadas poderán apuntarse ao proceso de selección

Continúa aberta até o día 21 de outubro a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de limpadores/as do Concello de Tomiño, para atender o incremento das desinfeccións necesarias en instalacións de uso educativo, por mor da crise da COVID19 durante o curso escolar 2021/2022. 

O prazo de presentación de instancias (Instancia, Autobaremo e demais documentación) é de 10 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios electrónico do Concello de Tomiño https://tomino.sedelectronica.gal/info.0).
Prazo ata o 21 de outubro de 2021