Curso de prevención de siniestralidade e riscos laborais no ámbito forestal Tomiño foi elixida sede do curso pola relevancia do ámbito forestal na zona e a alta demanda deste tipo de formación por parte dos profesionais do sector

Desde o luns 11 de xullo, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia imparte un curso gratuíto de tres xornadas para incrementar a seguridade no uso da motosierra e da rozadora nas tarefas forestais. Tomiño foi elixida sede do curso pola relevancia do ámbito forestal na zona e a alta demanda deste tipo de formación por parte dos profesionais do sector. O concello do Baixo Miño é a única sede da provincia de Pontevedra na cal se fará unha do seis paradas que compoñen este ciclo de cursos do Issga.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), comeza hoxe en Tomiño unha nova edición do curso para a prevención de riscos laborais en canto ao manexo da motosierra e rozadora. A formación será gratuíta e impartirase durantes as mañás, sendo tres xornadas sucesivas para o seu quince alumnos.

A finalidade destes cursos é lograr a plena prevención en todas as laborais, procesos e actividades do ámbito forestal, desde antes do comezo do traballo até o desmonte da maquinaria, pasando polo seu mantemento e sistemas de seguridade. O plan do Issga pretende instruír ás persoas traballadoras e profesionais do sector nunha cultura preventiva co obxectivo de disminuit os accidentes laborais á vez que se mellora a calidade do traballo.

O programa desta acción formativa céntrase no manexo seguro da motosierra e rozadora, dúas das principais máquinas causantes de accidentes laborais no sector. Tamén se inclúen contidos sobre a avispa velutina ou o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). A formación complétase facendo fincapé na importancia da planificación das tarefas e a coordinación e comunicación entre as diferentes cuadrillas e empresas que comparten lugar de traballo.

As actividades terán un carácter principalmente práctico para achegarse o máximo posible á realidade diaria destes traballos. Unha das particularidades é que os contidos tamén estarán dispoñibles en romanés, pois hai un colectivo importante de persoas traballadoras dese país no sector.

Fonte: Xunta de Galicia