Curso oficial de monitor/a de tempo libre 2023

As persoas asistentes a este curso teñen que ter 18 anos cumpridos e estar en posesión, como mínimo, do graduado escolar, título en ESO ou equivalente. Ao rematar toda a formación acadará a Titulación oficial, expedida pola Xunta de Galicia.

Duración: 200 horas (fase teórico-práctica) + 150 h. (fase de prácticas). Das 200 horas teórico-prácticas, 120 horas sexan impartidas de xeito presencial, e 80 horas serán impartidas de xeito on line.

Temario: empregamos os obxectivos e contidos oficiais da Xunta (DOG 10 de marzo do 2000).

Horario: Sábado, 4 de marzo ata o domingo, 16 de abril (a fin de semana de Semana Santa non hai curso). Sábados e domingos, de 9.00h a 14h e de 15h a 20h.

Lugar: Escola Obradoiro de Goián.

Idade: A partir de 18 anos.

Prezo: 198,00€ se cubrimos todas as prazas.