Curso para obter a “Certificación galega de competencias dixitais en ofimática” na Aula CeMIT de Tomiño

A actividade comezará o día 17 de outubro, permanecendo aberto o prazo de inscrición até o día 11

A Aula CeMIT de Tomiño impartirá un curso preparatorio na modalidade de teleformación, para a obtención mediante unha proba presencial, da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática.

O número de prazas dispoñibles é de 360; a duración da actividade, 12 semanas (190 horas lectivas), e a modalidade da mesma, teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.

A acción formativa comezará o vindeiro 17 de outubro e se estenderá até o 17 de decembro de 2014, rematando o prazo de inscrición o próximo sábado 11 de outubro.

Os contidos deste novo curso, serán os seguintes:
* Sistema operativo, busca da información. internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
* Aplicacións informáticas de tratamentos de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
* Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
* Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
* Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

As persoas interesadas en inscribirse, poden facelo no sitio: http://cemit.xunta.es/actividade/11299
Para máis información, consultar a ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140925/AnuncioG0177-190914-0001_gl.pdf; chamar ao 986623304 e falar con Daniel Ozores, responsable da aula de Tomiño sita no campo da feira s/n, de Tomiño, ou enviar un correo a cemit.tomino@xunta.es.