Diez medallas para os Teixugos no Campionato Galego de Slálom O Club Deportivo Miño, acudiu cun equipo de dez deportistas, moitos dos cales fixeron dobre participación en C1 e K1

Este domingo, nas augas do río Coura, na localidade portuguesa de Covas, tivo lugar o Campionato Galego de Slálom, a competición máis importante da Liga Galega de Slálom.

O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu cun equipo de dez deportistas, moitos dos cales fixeron dobre participación en C1 e K1.

En C1 muller cadete Ainhoa Barreiro foi a gañadora da proba seguida pola súa compañeira Alba Soutelo, que foi prata. As dúas participaron tamén na modalidade de K1, onde Ainhoa foi segunda, por detrás de Roxana Bernárdez do Club Tea, e Alba fixo tamén podio, rematando terceira.

En K1 infantil Mateo Rivas conseguiu a medalla de prata por detrás de Martín Fernández do Piragüismo Dumbría, e o seu compañeiro Adrián Lluch rozou o podio co seu cuarto lugar.

En K1 cadete, Sergio Rodríguez acadou o bronce e, na mesma categoría, Alexis Segadaes foi quinto. Tamén en cadete, pero en C1, Samuel Castro rematou segundo por detrás de Brais Caride do Piragüismo Penedo.

Na categoría absoluta ou sénior, en C1,  Luís Fernández gañou a proba, seguido do tamén teixugo Brais Castro. Na modalidade de K1, Emilio Rodríguez conseguiu a medalla de prata por detrás de Axel Afonso do Club Tea, e Brais Castro, que tamén baixou en kaiak ramatou cuarto.

Moi bos resultados para o Club Deportivo Miño-Teixugos, con dous campións galegos, Luís Fernández en C1 sénior e Ainhoa Barreiro en C1 cadete,  seis medallas de prata e dúas de bronce.

Na clasificación final por equipos, o gañador do Campionato foi o Club Tea de Mondariz, en segundo lugar quedou o Club Piragüismo Penedo e terceiros o Club Deportivo Miño-Teixugos.

Informa: Rosa Fdez. Carrera.



X