Dúas novas medallas para o Atletismo Trega de Tomiño no Campionato Galego Escolar de campo a través A proba, celebrada o pasado sábado, disputouse no circuíto do complexo deportivo de Monterrey en Pereiro de Aguiar (Ourense)

ÁLEX SIERPES e MARCELA MORGADO conseguiron un OURO e un BRONCE, respectivamente.

O sábado 16 de febreiro disputouse no circuíto do complexo deportivo de Monterrey o CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A través (Ourense).
Despois de escoller aos mellores atletas de Galicia mediante os zonais rexionais de cada Provincia e posteriormente cos provinciais, quedaría a última criba de seleccionados que nomearían aos primeiros 8 clasificados individualmente e os 2 mellores equipos, por categoría de cada provincia para acceder e disputar o Campionato Autonómico de Cros 2019.
Até alí, o atletismo Trega chegaría con 9 atletas, composto por seis mozas o equipo infantil feminino, un infantil masculino e unha cadete feminina e un alevín masculino, conseguindo uns fantásticos resultados.

Ás 11:55h a primeira en competir, foi MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ na categoría cadete feminino nunha distancia de 3000 metros, aproximadamente, conseguiu a pesar dunha caída, unha destacada 3ra posición.

Ás 12:20 horas, seguiríalle CHRISTIAN SIERPES PEREIRA, na categoría infantil masculino, nun circuíto de 2500 metros aproximadamente (facendo dúas voltas grandes), quedando nun meritorio 5to posto, xa que este ano é o seu primeiro ano na categoría.
A continuación, tocoulle a quenda ao equipo infantil feminino nun circuíto de 2000 metros, quedando na 6ta praza por equipos con 77 puntos e por individual:
*Mara Romeu Vicente 16
*Carmen Magallanes Pérez 18
*Elisa Morgado Rodríguez 35
*Antia Rodríguez Otero 42
*Lara Rodríguez Martínez 50
*Aina Bolea Díaz 53
No punto final, teriamos a ÁLEX SIERPES PEREIRA, na categoría de alevín Masculino nun circuíto de 2000 metros, onde desde o inicio de carreira púxose en solitario, conseguindo o OURO proclamándose CAMPIÓN GALEGO DE CROS ESCOLAR 2019, sacándolle ao segundo clasificado 25”, certificando os seus 16 TÍTULOS ATONÓMICOS E 24 MEDALLAS GALEGAS no seu currículo.

O próximo sábado, o Atletismo TREGA terá unha ampla representación no Autonómico de Pista Cuberta en Ourense, onde poderán acceder 18 mellores especialistas de Galicia por proba.
Cabe destacar tamén que o TREGA deixouse ver un ano máis pola Gala do deporte GUARDÉS, onde tivemos 4 galardoados do Club.
Desde a Concellería de Deportes, queren facer chegar os seus parabéns aos nosos atletas polos seus éxitos e animalos a seguir neste camiño de superación.