EN FAMILIA un espazo para compartir e medrar xuntos

Durante situacións de excepcionalidade como a que estamos vivindo actualmente, cos nosos fillos e fillas na casa, temos que replantearnos qué propostas facer con eles, e como organizar tempos para evitar momentos de incertidume , aburrimento, estrés,… no eido familiar.

 

Desde o Servizo de Educación e Apoio Familiar cremos que debemos actuar neste sentido, e acompañar ás familias cunha serie de recursos que axuden e faciliten todo este proceso. Desexamos que esta iniciativa sirva como unha ferramenta de apoio educativo e de orientación no acompañamento a nenos e nenas durante este tempo de convivencia familiar.

Pretendemos, a través dunha amalgama de propostas, facilitarvos tarefas para realizar cos vosos pequenos e pequenas, e así aproveitar esta situación para compartir tempos e fortalecer vínculos de maneira positiva. A vantaxe de vivir na era dixital permítenos dispor de novas ferramentas que nos permiten compartir propostas para este tempo En Familia.

 

Agardamos que sexa un espazo dinámico no que poder compartir ideas, inquedanzas, propostas que axuden a enriquecer este tempo de agarda.

 

Entre o contidos que se colgarán atoparemos actividades lúdicas sempre cunha dimensión educativa, consellos ou trucos para afrontar de maneira constructiva a situación de confinamento no fogar. Desde unha perspectiva positiva podemos aproveitar o momento para introducir certas rutinas na vida dos nosos pequenos e pequenas, coa intención de que se manteñan no tempo.

 

Asimesmo disporedes dun enderezo de correo electrónico no que contactar para calqueira dúbida, preocupación ou propostas que queirades compartir: apoiofamiliar@tomino.gal.

Neste espazo subiremos periódicamente unha serie de actividades e pautas para aproveitar o momento de convivencia no fogar. Tede presente que é directamente imposible que os nenos e nenas manteñan o ritmo que tiñan durante a situación de normalidade, polo que, antes de nada, temos que ter claro que a paciencia, a amabilidade e o respeto son os piares esenciais no acompañamento durante este excepcional período de recollemento, igual que seguir pautas de hábitos saudables, sobretodo as relacionadas cos tempos de sono e alimentación equilibrada, sen esquecer as conductas preventivas recomendadas.

 

Debemos entender que estes días é normal que se produzan máis rabichas das habituais, se sintan frustrados ou teñan comportamentos non frecuentes, así que debemos transmitir tranquilidade e amosar comprensión, e non sobrecargalos con demasiadas tarefas que lles xeren máis presión.

 

Sí é moi importante o establecemento de tempos para as rutinas establecidas ou para as que queiramos incorporar.

 

As propostas están divididas en dúas áreas para a cativada, por unha banda, e para os non tan cativos. Animarvos a empregalas e a que fagades as aportacións que consideredes, achegándonos dúbidas ou suxerencias a través do email: apoiofamiliar@tomino.gal

Actividades para nen@s ata 6 anos

Actividades para nen@s entre 6 e 13 anos

Na etapa infantil o xogo libre e a experimentación teñen un papel fundamental no proceso de desenvolvemento das crianzas. C ontribúen en gran medida á maduración psicomotriz, potencian a actividade cognitiva, facilitando o desenvolvemento afectivo; actúan, en definitiva, como un elemento fundamental para a socialización das nenas e nenos. Polo tanto é importante que dispoñan de espazos amplos onde exploren e manipulen obxectos de maneira autónoma.

 

Durante o período de educación primaria comezan a comprender e interiorizar valores e regras e a actuar con autonomía en diferentes actividades e iniciativas, asumindo responsabilidades. Nesta etapa os nenos e nenas establecen a base para ser partícipes activos da sociedade. Polo que é esencial ir introducíndolles rutinas e responsabilidades desde o fogar, desde un punto de vista facilitador, axudando cando o necesiten ou pidan, pero permitindo cometer erros, xa que non deixan de ser nenos e nenas que necesitan explorar e manipular os elementos novidosos que se van atopando no camiño madurativo.

Actividades para nen@s ata 6 anos – Cativos

Contos para ver e escoitar

Adiviña canto te quero

 

A educadora infantil Quelly Rodríguez achéganos este conto, en formato vídeo, no que os nenos e nenas comprenderán o significado do apego dunha forma moi amena e divertida.

Unha última carta

 

Unha última carta, con texto de Antonis Papatheodoulou e ilustracións de Iris Samartzi, foi a obra gañadora do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

 

Bea Campos relata este conto, protagonizado por un amable carteiro dunha pequena illa mediterránea ao que lle espera unha experiencia inesquecible no seu último día de traballo. Alén diso, a ilustradora comparte desde Grecia unhas fermosas ilustracións.

 

Polo camiño

 

A educadora infantil Tamara Campos recita Polo camiño, unha obra destinada a pre-lectores e primeiros lectores con texto e ilustracións de Mariana Ruiz Johnson.

 

O conto do Coronavirus

 

Desta vez chéganos unha iniciativa, en forma de conto, para traballar especificamente a materia do coronavirus coa infancia, co propósito de fomentar e adquirir bos hábitos desde a casa, sen ter que sementar o medo. É unha cuestión de educar desde o respeto e a comprensión, dunha maneira atractiva e entretida, axeitada á idade dxs máis cativxs.

Itinerantes do vento

 

Esta semana adentrámonos nos ITINERANTES DO VENTO, unha aportación que nos chega desde a oficina de Igualdade. Trátase dun conxunto de historias, en formato audio, para escoitar e participar debuxando. Incide na importancia de que todxs somos iguais e temos que respetarnos sempre, ser escoitadxs e aportar dunha maneira igualitaria.

 

A mosca chosca

 

A educadora infantil Quelly achéganos esta versión contada de “A mosca chosca”, editado por Kalandraka.

Cancións para aprender e entender

A compañía Migallas Teatro ofrécenos este vídeo divertido, educativo e actual. A aprender a canción dos dediños en familia!

Desta vez ímonos de safari, a coñecer o mundo animal cos compañeiros de Sonárbore.

Aquí vos deixamos unha canción amena e divertida para os peques, de Uxía Lambona e a Banda Molona:

Aquí vos deixamos unha canción amena e divertida para os peques, de Uxía Lambona e a Banda Molona:

Achegamos esta canción de Migallas Teatro na cal un explorador coñece moitas das actividades que se poden facer nunha tarde de aventura.

Con esta divertida canción podemos pasar un rato animado ao mesmo tempo que nos concienciamos sobre a importancia de coidar o entorno natural.

Actividades socioeducativas

Carreiras de animaliños

 

Elexir un animal e intentar imitalo, sonora e xestualmente, durante unha especie de carreira polo salón ou corredor da casa. Pon a proba a imaxinación e a capacidade de recoñecemento, ademais de fomentar o movemento corporal (motricidade grosa).

O peto

 

Nunha caixa de cartón facemos varias aberturas de diferente grosor e lonxitude (tipo peto) e seleccionamos obxectos de distintos tamaños que entren nunha ou outra ranura. Os nenos e nenas deberán manipular e ir metendo os obxectos nas diferentes ranuras (axuda a desenvolver a atención visoespacial e memoria operativa e a motricidade fina). Entre os obxectos podemos escoller pinzas, tapas de botes e botellas, corchos, rotuladores, moedas, etc.).

Debuxo de actividades

 

A actividade que vos traemos hoxe para os máis cativos e cativas consiste en debuxar unha situación que lle gustaría estar vivindo, unha actividade que lle gustaría estar realizando (estar no cole, xogar cos amigos, estar de vacacións, voar, …). Unha vez feito o debuxo podemos preguntarlle qué cousas pintou e que significan para él ou ela, por qué lle gustaría estar nese lugar, etc.

 

Esta actividade pon a proba a súa capacidade de abstracción e de imaxinarse a sí mesmo/a e a os demais en outras situacións. Despois pódense pegar ou colgar os debuxos pola súa habitación ou demais partes da casa, así tamén sentirá que o seu traballo é apreciado.

Xogos de ensartado

 

O ensartado é un xogo moi atractivo para os máis cativos e cativas. Meter e sacar obxetos de recipientes, ou metelos por ranuras ou en cordeis é unha actividade con moito potencial para mellorar as destrezas motrices e a coordinación óculo-manual, sin deixar de ter presente a atención.

Para menores de 16 meses, podedes utilizar recipientes como botes, botellas, tubos ou caixas, e obxetos para que metan e saquen como piedriñas, garbanzos, palliñas, pelotas. Cada xoguete debe facerse cun mesmo material. Podedes fabricar varios distintos e ir cambiando a medida que a súa atención se dispersa. Canto máis pequeno sexa o obxeto e o buraco, máis traballo de psicomotricidade fina e destreza óculo-manual estará facendo.

Para maiores de 16 meses podemos complicar un pouco a actividade con estas tres propostas:

 

1 – Cortamos palliñas gordas (tamén poden ser macarróns) e xs cativxs as teñen que enfiar nun cordón de zapato.

2 – Collemos un bote calqueira que teñamos na casa con tapa branda. Facemos distintas ranuras na tapa cun cutter. Podemos por exemplo coller diferentes botóns que teñamos para reposto. Xs nenxs xogarán a meter os botóns polas distintas ranuras. Ao ser a tapa brandiña pode que se atopen cunha ranura máis estreitiña co botón e teñan que facer un pouco de forza cos dediños. Este exercicio é moi favorecedor para a tonicidade muscular da man.

3 – Meter gomas do pelo a redor de tubos, de botellas ou de botes. No caso da foto é un bote para facer xeados de pau. Pódese aproveitar neste caso tamén agrupando as cores. O exercicio de abrir a goma para encaixar no tubo ou bote require detreza e paciencia, pero lles encanta.

As lentellas máxicas

 

Desde a Escola Infantil de Tomiño achegan a seguinte proposta en modo de experimento: AS LENTELLAS MÁXICAS! Un experimento divertido e sinxelo que fomenta a curiosidade acerca da natureza e motiva ás crianzas no coidado do medio ambiente. Para este experimento precisamos:

-> Un recipiente

-> Unha piña

-> Lentellas

-> Auga

 

Para levar a cabo o experimento, colocaremos a nosa piña dentro do recipiente,  seguidamente  introduciremos  lentellas dentro da piña e por último botamos auga.

 

 

Deixamos pasar unhas horas e xa podemos observar como coa humidade a piña vaise pechando acollendo así as lentellas.  Ás 48 horas xa comezan a xerminar.

 

É moi importante que o recipiente sempre teña auga. Pasados varios días podemos observar cómo sucede a “maxia” e as lentellas comezan a xerminar entre os diferentes ocos da piña.

 

Esta actividade pode ter outros plantexamentos no caso de non ter piñas, podemos usar como recipiente un bote de cristal no cal introduciremos algodón húmido depositando nel diversas legumes. Outra variante pode ser sementar as legumes nunha bolsa de conxelado, na cal introducimos algodón húmido, pegámola na fiestra e a esperar! Poderemos ir marcando cada día unha raia para observar canto crece co paso do tempo.

 

Esperamos que desfrutes moito deste sinxelo experimento.

Cada ovella coa súa parella

 

Dende a Escola Infantil Municipal achegan esta actividade: “Cada ovella coa súa parella”, un xogo destinado para crianzas da primeira infancia. Debemos ofrecerlle unha  bandexa con botes a un lado e tapas ao outro; a modo de exemplo colocaremos unha tapa no seu contedor correspondente, despois deixaremos as crianzas xogar co material, de xeito que poidan pobar e ir colocándoas corretamente. Do que se trata é de ir aprendendo en base á exploración autónoma a través do contacto directo co material.

 

Esta actividade ten como obxectivos: estimular a atención, desenvolver a motricidade fina e fomentar a autonomía nas actividades cotiás.

 

Os materiais que precisamos: botes de diferentes tamaños coa súa tapa corresponente.

Lingua de signos para bebés

 

Achegamos un vídeo no que a nosa educadora infantil Quelly introdúcenos no mundo da lingua de signos para bebés, signos funcionais que o bebé necesita comunicarnos, cos cales poderemos favorecer a comunicación con eles e a aparición da súa linguaxe oral.

Xogos de luz

 

As luces, sombras e cores resultan moi atractivas para todas as idades, incluso para adultos. Desde a escola infantil propoñen unha actividade con luz moi sinxela, destinada para cativxs de 1 a 3 anos, cada un dentro das súas posibilidades.

 

Obxectivos:

-> Desenvolver a atención.

-> Favorecer a linguaxe.

-> Desenvolver a motricidade fina.

 

Materiais:

-> Un foco de luz, lanterna, etc.

-> Material diverso: colador, cortador de ovos, matamoscas, vasos de cores, …

->Papel celofán.

 

O principal oxectivo deste xogo, aparte dos nomeados con anterioridade, é o descubrimento da luz/sombra a través dun acto lúdico. Trátase de poñer a disposición das crianzas diferentes útiles e un foco de luz, para que os manipulen de xeito libre e espontáneo  obtendo resultados moi divertidos, comunicando eses resultados ao resto da familia, fomentando a súa curiosidade e creatividade, e estimulando a atención e a percepción.

Truco

Agora que temos máis tempo é un bo momento para que os pequenos empecen a ocuparse, pouco a pouco, das responsabilidades do fogar. Por exemplo, podemos fomentar unha rutina de colaboración coas tarefas domésticas, como a colocación de diferentes elementos á hora de poñer a mesa ou axudar a facer as camas, tendo en conta a súa etapa madurativa e as capacidades manipulativas.

 

Non é o mesmo un meniño de 2 anos, que pode encargarse das servilletas, por exemplo, que un de 6 anos que xa pode axudar a colocar as bebidas na mesa. Se temos varias crianzas na casa intentamos repartir as responsabilidades, pero o importante é que o vaian interiorizando como unha rutina diaria. Con este tipo de tarefas van asumindo a súa parte de responsabilidade e a importancia da colaboración no fogar.

Recoller os xoguetes

 

Para fomentar a autonomía nos máis pequerrechos podemos plantexarlles un xogo para recoller os xoguetes que están usando durante este tempo de recollemento familiar. Sempre estarán máis motivados se o asumen como algo divertido. Entre outras cousas podemos pedirlles que clasifiquen os xoguetes en “grandes” e “pequenos”. Despois poden, por exemplo, facer un debuxo que se corresponda con cada clasificación, e pegalo no sitio onde debe gardarse cada xoguete.

 

Estes debuxos actuarán como pegatinas identificativas, de maneira que saberán rápidamente onde buscar un determinado xoguete e non terán que rebuscar en caixóns ou cestos ata atopalo. Deste xeito tamén fomentamos o sentido de orden e organización. No momento de recoller os xoguetes o seguirán vendo coma un xogo, e non lles custará tanto facelo sen ter que recibir ordes.

A Caixa das Rabichas:

 

A Caixa das Rabichas serve para que os máis cativos e cativas aprendan a controlar o seu momento de enfado e consiga tranquilizarse antes de actuar de maneira incontrolada. Queres saber cómo se xoga?

1 – O conto: Primeiro debes contarlle a historia de Breixo (ou o nombre que prefiras), un neno que un día tivo un mal día no cole, e tamén na casa, porque non conseguía o que quería e todo lle saía ao revés. Breixo ten tan mal día que ao chegar á noite estalla en pataletas e berros. Nese momento, ao sentir Breixo tanta rabia, un enorme monstro saiu del e empezou a romper todo o que atopaba ao seu paso. Breixo, ao ver o destrozo que fixo “o seu monstro”, intentou reparar todo, e ao mesmo tempo que arranxaba o que o monstro rompera, ol monstro facíase máis e máis pequeno, ata desaparecer.

2 – O debuxo: Dille que cada vez que sinta moito enfado, como Breixo, debe facer un debuxo da rabia que sinte, que faga un garabato da cor que desexe, que lle debuxe ollos, mans, pés, etc. ata definir o seu particular monstro da rabia.

3 – A caixa: Busca unha caixa vacía (ou un tarro) e encerra o debuxo na caixa. Explica ao teu fillo ou filla que o monstro da rabia xa non poderá saír máis en todo o día.

 

Os botes dos sentimentos

 

O centro Lingoreta recomenda unha actividade sinxela e participativa para fomentar a educación emocional e recoñecer oso nosos propios sentimentos e os dxs nosxs fillxs.

 

Cada membro da familia terá 4 recipientes (vasos, boteciños, caixiñas, etc) e cada un deses recipientes identificarase cunha cor (azul, vermello, verde e amarelo) cunha pegatina, pintura, rotulador ou o que nos sexa máis cómodo, pero teñen que identificarse ben as cores. Despois, para cada membro repártense unhas cantas boliñas (de papel, garavanzos, etc.). Cada cor estará relacionada cunha emoción: o azul coa tristeza, o vermello co enfado, o verde coa calma e o amarelo coa ledicia. Cada día iremos introducindo as boliñas no bote que cada un estime oportuno, según o seu estado de ánimo (nun mesmo día podemos meter boliñas en diferentes botes, xa que as nosas emocións poden cambiar ao longo da xornada), e así imos sendo máis conscientes do noso estado emocional.

 

Ao cabo dunha semana faremos o reconto das boliñas dos botes de cada membro da familia. Se hai moitas boliñas nos botes verde e amarelo significa que predominan as actitudes positivas, e felicitaremos e motivaremos a esa persoa para que siga así; no caso de haber moitas boliñas nos botes vermello e azul trataremos de buscar solucións adaptativas a esas emocións, sempre desde un punto de vista constructivo e de apoio. Se percibides que os nenos e nenas mais peques da familia sinten medo pola situación, podedes engadir un bote marrón para esa emoción.

 

O importante é recoñecer as emocións, ser conscientes de cómo nos sentimos para actuar en consecuencia, e así poder comprendernos e axudarnos mutuamente.

Ler contos

 

Os momentos de calma e relaxación tamén son importantes nesta etapa do desenvolvemento, sendo claves no equilibrio físico e emocional das crianzas. Despois dunha xornada de actividade é recomendable manter o bo hábito de ler e contar historias antes de deitarse, respetando sempre os horarios de sono, xa sexan sestas ou o descanso nocturno. Pódense ler diferentes libros, de relatos, de poesía, revistas, novelas ou contos infantís.

 

Tamén se pode comentar conxuntamente a historia, ou incluso inventar outro final. Non se trata dunha lectura para provocar o sono, aínda que tamén se pode dar esa opción con facilidade, senón que máis ben trátase dun exercicio de volta á calma, de transición, un momento no que, ademais de relaxarse, as crianzas tamén estimularán a súa imaxinación.

Autonomía e autocoñecemento

 

Para algunhas familias, o máis difícil de fomentar a autonomía dxs peques pode que sexa permitirlles aprender a facer as cousas por sí mesmxs, e non caer no erro de acabar facéndolles as tarefas ao ver que ao principio non son capaces. Para superar ese “medo” a que se equivoquen podemos ter en conta estes 3 puntos:

1 – Comezar mostrándolles cómo facer as cousas a través do exemplo, explicándollo sempre de forma clara e sinxela, acorde a súa idade.

2 – Despois permitirlles que o intenten, sen empeñarnos en que o fagan exactamente igual, e en caso de non logralo valoramos o seu esforzo e motivamos para que o sigan intentando. Equivocarse e volver a intentalo é a mellor maneira de aprender.

3 – Finalmente eloxiamos os seus acertos, sen cair no erro das alabanzas esaxeradas.

 

Unha vez van coñecendo certos procedementos para aprender a facer as cousas de maneira autónoma, debemos permitir que exploren alternativas que se adapten mellor ás súas habilidades e intereses, e que improvisen, desta maneira estamos creando un espazo de descubrimento e crecemento autónomo. Lembra que para fomentar a autonomía nesta etapa ata os seis anos debemos evitar caer nos extremos: xa non debemos continuar facéndolles todo, pero tampouco debemos esixirlles demasiado porque aínda son pequenxs. Trátase de que vaian gradualmente sendo máis independentes e segurxs de sí mesmxs, aumentando a súa confianza na súa capacidade para facer as cousas.

Actividades para nen@s entre 6 e 13 anos – Non tan cativos

Xogos

Xogos de mesa clásicos

 

Xogos de mesa clásicos coma o parchís e a oca promoven a asimilación de estratexias de cálculo e valores como saber esperar o turno. Son actividades lúdicas fáciles de asumir e que nos gustan a todos os públicos. Despois do xantar ou da merenda sempre se pode atopar un oco para divertirse e pasar un tempo en familia.

Xogos de palabras

 

O xogo das palabras encadeadas tamén é unha boa solución para pasar o tempo dunha maneira ociosa en conxunto, ademais de axudar a consolidar a linguaxe e desenvolver a atención e a memoria operativa. Poñendo a proba a imaxinación, en calquera momento e sen necesidade de ningún tipo de material. Estupendo!

Xogo das mans e os pés

 

Collemos uns cantos folios (12 ou 15) e en cada folio debuxamos a silueta dunha extremidade (man ou pé, esquerdo ou dereito), de maneira que se identifique fácilmente. Unha vez teñamos todos os folios cubertos (haberá que repartir ben a cantidade de cada unha das extremidades) os distribuímos polo chan en filas de 3 (3 siluetas diferentes en cada fila). O xogo consiste en ir avanzando de fila en fila pousando as mans e os pés nos folios correspondentes, ao mesmo tempo (por exemplo, man esquerda, pé esquerdo e pé dereito) quedándonos tan solo unha extremidade libre. Se alguén comete un erro colocando unha extremidade nun folio equivocado ten que volver para atrás da fila, sendo o turno do seguinte participante.

 

Este xogo fomenta a coordinación dos movementos e a focalización da atención, dunha maneira moi divertida e a través dun exercicio físico moderado. Ademais os folios poden ir cambiándose para crear novas combinacións. Recomendación: para empezar a practicar os movementos do xogo podedes facer filas de 2 folios ao principio, e despois incrementar a dificultade engadindo un máis.

 

Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes comprobar a dinámica do xogo:

 

Tres en raia

 

Desta volta traémosvos outro xogo tradicional, fácil e sinxelo, co que pasar un rato divertido en familia, ademais de fomentar o uso de diferentes estratexias de pensamento: O tres en raia. O interesante tamén é construílo na casa, con materiais reciclados como pode ser un cartón para o taboleiro, no que pintaremos as casillas e as liñas entre as mesmas, e unhas tapas de botellas ou chapas pintadas de diferentes cores (un equipo dunha cor e outro equipo doutra).

Qué animal son?

 

Este xogo é moi divertido, e pode facerse para tódalas idades, xa que podes elexir os animais que os cativos e cativas coñecen. Cada un colle un papel e debuxa un animal ou escribe o seu nome (cabalo, águia, serpe, etc.). Despois, cun pouco de celo pegámosllo na frente a outra persoa da familia, sen que vexa que animal é, a cal terá que adiviñar de qué animal se trata! Para tratar de adiviñalo, teremos que ir facendo preguntas sobre quén pode ser, e os demáis solo poden contestar con “sí” ou “non”. Exemplo: (Cabalo) -Teño alas? (os demáis contestarían: non!) -Teño 4 patas? (os demáis contestarían: si!) E así seguimos facendo preguntas, unha pregunta por rolda, ata adiviñar cada un o seu animal.

Os bolos

 

Desta volta traemos outro xogo clásico, como é o xogo dos bolos, pero nesta ocasión serán uns bolos caseiros, feitos con material que poidamos atopar pola casa. Ademais tamén se fomenta a creatividade durante o proceso de creación dos mesmos.

 

Como materiais podemos utilizar os tubos de cartón dos rolos de papel hixiénico, envases do leite ou calquera bote de plástico ou cartón que consideremos oportuno para esta actividade. O que sí é recomendable ter certa cantidade de “bolos” para que o xogo sexa máis atractivo. Unha vez temos o material procedemos a pintar conxuntamente os bolos, deixando voar a imaxinación dos nenos e nenas. O importante é asignarlle puntuacións a cada bolo, cun valor numérico.  Unha vez os teñamos listos procederemos a escoller a bola coa que tiraremos os bolos (pode ser unha pelota que xa teñamos por casa, como unha pelota de tenis ou un mini balón de plástico, ou podemos crear unha sinxela de papel cun pouco de celo arredor). E tan só nos queda atopar un sitio axeitado para xogar: nunha casa pode facerse no exterior, nun piso o máis recomendable é no corredor. Marcamos un nº de rondas por participante e imos anotando as puntuacións. Tamén podemos xogar por equipos.

Xogo dos puntos e caixas

 

Para 2 xogadores ou máis, sobre un papel debúxanse varias filas de puntos, o mesmo número de filas verticais e horizontais (para que quede mellor podemos usar follas de cuadrícula). Por turnos, cada xogador/a vai debuxando unha liña que una 2 puntos seguidos vertical ou horizontalmente, pero nunca en diagonal. Cando un membro da familia fai unha liña que pecha un grupo de catro puntos forma unha “caixa” e escribe a súa inicial no interior.

 

 

Cando xa non haxa máis puntos por conectar e estén todas as caixas pechadas procedemos a contar cantas iniciais temos cada un, obtendo 1 punto por cada unha. Ao final gaña quen consigue escribir máis iniciais, é decir, quen consigue pechar máis caixas.

 

Cantas máis filas de puntos e cantxs máis participantes máis dificultoso e entretido é o xogo. Entre as súas vantaxes: fortalece a psicomotricidade fina das crianzas, axuda xs cativxs a elaborar estratexias, estimula a súa atención e concentración, fomenta as habilidades para contar, etc.

Manualidades

Marcapáxinas

 

Para manter aos nosos fillos e fillas entretidos con algo sinxelo, unha boa idea é a realización de marcapáxinas para os libros do cole. Cunha simple cartulina, folio ou calquera material que consideremos, podemos indicarlles unhas pautas (por exemplo, que en cada un debuxen a algún membro da familia ou seus animais preferidos) fomentando o uso da creatividade e a autonomía.

 

Ademais sentirán que o seu traballo vai ter unha utilidade, xa que os van utilizar nos seus propios libros.

 

Tamén sirven para os vosos libros!

O xogo da pesca

 

Desta vez traemos unha actividade que combina a realización de manualidades cun xogo: o xogo da pesca.

 

Imos a debuxar unhas cantas siluetas sinxelas en forma de peixes nunha cartulina ou cartón reciclado, as recortamos cunha tesoira e as pintamos de cores con rotuladores, temperas, lápices ou o que lle guste máis aos vosos fillos e fillas.

 

 

Unha vez recortados e pintados (poñendo a proba a creatividade) colocamos un clip no que sería a boca do peixe, de forma que sobresaia un pouquichiño para poder “pescalo”.

 

 

Acto seguido collemos un lápis ou semellante e atamos un cordel por un dos seus extremos, para que quede coa forma dunha cana de pescar. Para a función de anzol usamos outro clip, que irá enganchado na punta do cordel, para o cal facemos unha especie de gancho dobrando un dos seus extremos.

 

 

Atamos o clip “anzol” na punta libre do cordel e xa podemos comezar a xornada de pesca! Canto máis longo sexa o cordel máis dificil será apañar os peixes.

 

Experimentos

 

Desta volta deixamos por aquí unha serie de experimentos e propostas que nos achega Jessica, profesora de primaria no CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.

 

Ademais tamén ten unha canle en YouTube desde a cal podemos ver algúns vídeos con contido interesante para estas datas: VER CANAL DE YOUTUBE

 

Baloncesto matemático – VER

Ovo máxico – VER

Inventa – VER

Mesa de luz caseira

 

A educadora infantil Quelly achéganos unha aportación en forma de manualidade para manter entretidxs xs nenxs e non tan nenxs: unha mesa de luz caseira. Queredes probar a facer unha mesa de luz con materiais que teñades por casa?

Esta actividade potencia o desenvolvemento sensorial e da motricidade fina do teu fillo e filla, desperta a súa imaxinación, activa as súas emocións, ademáis de ser un excelente exercicio de atención. Todo isto nunha actividade moi divertida!

Só tes que coller os materiais que ves na imaxe e pasar a acción.

 

PASOS:

1) Verte un pouco de pintura nunha bolsa de conxelado e asegúrate de que o zip esté ben pechado, deixando o mínimo de aire posible. Coas mans esparce a pintura por toda a bolsa. Ten que haber cantidade suficiente para cubrir toda a bolsa sen deixar espazos libres.

2) Mete unha ou varias lanternas encendidas (ou luces led) dentro dunha fiambreira transparente e pechaá coa súa tapa. Dálle a volta, de maneira que a tapa toque no chan.

3) Coloca a bolsa de conxelado chea de pintura enriba da fiambreira.

 

Para darlle máis emoción e que a actividade sexa máis atractiva podes apagar a luz da estancia na que te atopes. Agora só queda facer debuxos ou trazos co dedo. Ao acabar o debuxo, volves a esparcir a pintura e volta a empezar con outro debuxo! Podedes ter folios con trazos feitos para que xs nenxs imiten: círculo, espiral, estrela, montañas…

Os patiños de primavera

 

Os pitiños da primavera. Imos facer uns pequenos pitiños cos envases de cartón dos ovos, super graciosos e coloridos, perfectos para esta etapa da primavera. Xs nenxs estarán encantadxs de facelos, e é unha forma divertida de reutilizar algo accesible para convertilo en algo novo.

 

Os materiais que necesitamos son: o cartón dun envase dos ovos, temperas e pincel ou no seu caso rotuladores, un pouco de cola ou outro tipo de pegamento, tesoiras e papel.

 

Os pasos a seguir, para cada un dos pitiños, son os seguintes: 1) Retirar dous soportes de ovo do cartón e recortar o exceso nos bordos. 2) Pegar as dúas pezas xuntas, pola súa base. 3) Pintar da cor que máis nos apeteza, e deixar secar. 4) Debuxar os ollos e pegar un anaco de papel triangular a modo de pico.

 

E iso é todo! Podemos crear facilmente unha colección de pitiños coas caixas de cartón dos ovos.

Facer un conto

 

Esta semana podemos fomentar a creatividade e a capacidade de imaxinación dxs peques facendo que elaboren o seu propio conto. Paso a paso, primeiro podemos indicarlles que debuxen aos personaxes e que lles poñan nome, despois que describan cómo son ou a qué se dedican, que indiquen o lugar e a época onde eses personaxes viven, etc. e finalmente que se imaxinen unha breve historia, decidindo que é o que sucede e a maneira cómo remata a historia.

 

Despois, cando o rematen, podemos pedirlles que nos conten ese conto. Ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade tamén traballan a atención, a concentración, a linguaxe escrita e oral, a autonomía, etc, dunha forma lúdica.

Aplicacións virtuais

As aulas nos colexios están paradas, pero o curso aínda non rematou e nunca hai que deixar de aprender! Para que non se despisten das materias e contidos do cole e sigan avanzando, os e as profes dos diferentes colexios do municipio permítennos estar en contacto coas súas asignaturas a través de diferentes plataformas virtuais.

 

Aquí vos deixamos un directorio cos enlaces para comunicarse cos diferentes profesores e profesoras de cada centro de ensino:

 

CEIP Tebra: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdetebra/

CEIP Sobrada: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdesobrada/

CEIP Barrantes: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarrantes/

CEIP Pintor Antonio Fernández Goián: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/node/116

CEP Pedro Caselles Tomiño: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles/

CRA Mestre Manuel Garcés: https://www.edu.xunta.gal/centros/cratominho/

IES Antón Alonso Ríos: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesantonalonsorios/

Estes días son múltiples as plataformas virtuais que permiten un acceso de balde aos seus contidos. Iremos subindo enlaces a vídeos, blogs e diferentes páxinas ou aplicacións.

 

-> Video sobre bandeiras: VER VIDEO

-> Percorrido pola galería dos dinosaurios do Museo Americano de Historia Natural: VER GALERÍA

-> Aquí vos deixamos un enlace a través do cal acceder a unha visita virtual pola Gran Muralla China, onde tamén nos ofrecen datos interesantes e información adicional para coñecer a sú historia: VER PERRCORRIDO

Programa Aquelando

 

Experimentos molóns, diversión e aprendizaxe están garantizados nesta serie de capítulos do programa “Aquelando” dirixido á rapazada. Aquí vos deixamos o enlace para que poidades velos e repasalos cos cativos e cativas da casa.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/aquelando/aquelando-7-4158394

 

Museo Arquolóxico Nacional

 

Como recomendación tamén vos deixamos un enlace á páxina do Museo Arqueolóxico Nacional onde poderedes facer visitas virtuais polos diferentes percorridos e galerías temáticas: https://manvirtual.es/

Tamén existe en forma de aplicación gratuíta para o teléfono móbil.

 

Os retos da Raposa Fedella

 

Aventuras no monte das artes: resolve os retos da Raposa Fedella.

 

Retos e enigmas nesta plataforma virtual para poñer a proba as habilidades dos pequenos e pequenas da familia. Serán capaces de resolvelos? https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/aventuras-no-monte-das-artes-resolve-os-retos-da-raposa-fedella

 

El conciertazo

 

Aquí deixamos un capítulo de “El Conciertazo”, un programa de divulgación de música clásica dirixido xs máis peques: https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-conciertazo/conciertazo-musica-clasica-se-acerca-ninos/533591/

 

Kahoot!

 

Kahoot! é unha plataforma de aprendizaxe baseada en xogos creados polos seus propios usuarios. Desta vez traemos unha proba de preguntas de elección basadas na realidade do coronavirus, creado por un rapaz de 10 anos.

Entra na seguinte ligazón: https://create.kahoot.it/details/cb2b7a03-939d-49cc-b4a1-c6de550c532a

Truco

As rutinas

 

Durante estes días, ao non ter unha rutina (cole, actividades deportivas, etc.), é importante fomentar o establecemento de horarios para seguir un determinado orden na casa, e que empecen a ser autónomos coas súas tarefas. Podemos establecer xunto a eles unha serie de prácticas importantes no día a día, anotalas nun folio e consensuar uns horarios para levalas a cabo (facer a cama, deberes, xogar en familia, ver debuxos ou ler, entre outras).

 

O interesante é que eles teñan poder de decisión no momento de establecer as horas para a realización das tarefas, e que asuman a responsabilidade de facelas cando chegue o momento.

 

Aquí deixamos un exemplo de tarefas que poden asumir. Os horarios concretos os establecemos xunto cos nosos fillos e fillas.

Ordenar libros

 

Podemos fomentar nos nosos fillos e fillas a adquisición de rutinas de orden sobre os seus materiais. Unha actividade sinxela que promova a orden consiste, por exemplo, en recolocar os libros da súa habitación ou sala.

 

Podemos pedirlle que os ordene polos colores das tapas, por tamaños, por orden alfabético ou por autores, según a idade e etapa madurativa. É unha actividade relaxante e que ademais da orden fomenta a responsabilidade sobre o seu material.

Planificación de actividades

 

O exceso de estímulos ás veces marea e distrae, tanto que pode chegar a provocar situacións de frustración que ocasionan conductas negativas, como desobedecer ou enfadarse. Ter demasiados xoguetes a súa disposición ou darlles a elexir moitas opcións pode xerar situacións de perda e control. Polo tanto debemos planificar tamén nós o que lle imos a ofrecer cada día, en canto a tarefas, actividades ou acceso a xogos, para repartir o tempo e non sobrecargalos.

 

Sempre é unha boa opción intentar razonar conxuntamente coas crianzas, negociar e chegar a acordos, e propoñer alternativas. Temos moito tempo por diante e pode haber momentos para todo.

Relaxación

 

O coidado emocional é clave para o noso benestar, e darnos un tempo para o descanso e a relaxación son aspectos que deberíamos introducir nas nosas rutinas diarias e nas de todos os membros da familia. Hoxe propoñemos unha actividade de relaxación que se pode levar a cabo de xeito individual ou de xeito grupal, en familia.

 

Buscade un lugar que vos inspire tranquilidade. Dibuxade no chan (ou nun cartón grande, unha plancha de madeira, etc) unha silueta dunha árbore, coas súas raíces, como máis vos guste. Podedes preparar unha ou varias veliñas, incluso utilizar incienso, para crear un ambiente agradable. Buscade unha música que vos transmita paz e tranquilidade. Cunha serie de elementos naturais (pedriñas, cunchas, flores, etc) iredes facendo debuxos sobre as líñas da árbore, e nese estado de calma só queda empezar a disfrutar da música e da vosa creación. Non hai máis que iso. Deixádevos levar e relaxádevos. Respirade fondo, tranquilxs. Vivide ese momento o tempo que o necesitedes. Construide a vosa árbore da vida.

Cada cousa ao seu tempo

 

Durante esta estancia no fogar, na que temos moito tempo por diante para disfrutar cada día e co cal realizar un montón de cousas, podemos ir introducindo a premisa de que cada cousa require o seu tempo, para fomentar o autocontrol e tratar de evitar a impulsividade e posibles frustracións. Xs nenxs deberían acostumarse a agardar, sobretodo nun contexto de inmediatez, no que temos moitas cousas ao alcance dun click e abundantes estímulos ao noso arredor.

 

É interesante que aprendan que as súas necesidades e desexos non se poden satisfacer ao momento, e para iso podemos acudir aos xogos de educación emocional aquí recollidos anteriormente, así como deixar un espazo cada día para a relaxación, olvidándonos das pantallas, axudándolles a manexar ben as emocións e resolver os conflictos de maneira autónoma e razonable. Un aspecto interesante neste sentido é o de inculcar falar en voz baixa, sen berros, polo que tamén nos debemos dirixir a elxs deste xeito, sen gritar.

Corrección de conducta

 

Esta semana queremos deixar uns trucos e pautas para correxir certas conductas dxs peques, se é que hai comportamentos a correxir, sempre desde a responsabilidade e o respeto ao seu desenvolvemento autónomo e ás súas inquedanzas, e sobretodo sen deixarnos sobrepasar polo medo e as inseguridades que poidamos ter.

 

Neste sentido podemos seguir unha serie de pautas para levalo dun modo positivo:

– Qué facer: describir a conducta sen valorala (interrumpichesme catro veces), dar unha razón para o cambio (se me interrumpes non podo seguir facendo isto), recoñecer os sentimentos e motivos dx nenx (entendo que queiras facer tal cousa), e por último expresar de maneira positiva e clara o que esperamos de el/ela (despois se necesitas algo axúdote / sei que o farás / non te preocupes, xa o farás mellor / qué sorpresa me acabas de dar / non dubido da túa boa intención, ).

– Qué evitar: usar palabras destructivas (eres un desastriño), xeralizar as cousas (o fas todo sempre mal), utilzar ameazas (a próxima vez vasme escoitar!) ou mostrar un trato de vacío retirándolle a palabra e o afecto.

 

Deste xeito, seguindo estas orientacións, fomentaremos espazos nos que os nenos e nenas confíen en sí mesmxs e no seu potencial, depositando confianza nas súas accións sen deixar de lado a súa responsabilidade, creando situacións axeitadas para unha autoestima equilibrada.