Este domingo no Auditorio de Goián presentamos o espectáculo teatral “Trinta e tantos ósos” Ás 18:00h, a partir de 13 anos. Venda de entradas unha hora antes na taquilla, prezo: 3€

Espectáculo teatral que recrea a viaxe de catro mulleres de trinta e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas e adoptando condutas alleas deciden desfacerse de medos e ataduras para recuperar o seu potencial máis vital e salvaxe.

A obra mestura distintos xéneros escénicos, dende o musical de pequeno formato ata alusións ás cancións infantís con contidos machistas ou unha performance de carácter máis físico e simbolista.