Feira de artesanía este domingo 27 en Tomiño Os artesáns instalarán os seus postos na Praza do Seixo de 10.30 a 20.30 horas

Tomiño acolle esta fin de semana a celebración da primeira Feira de Artesanía, unha actividade organizada por Artesáns Baixo Miño coa que colabora o Concello tomiñés. O encontro terá lugar o domingo 27 de setembro na Praza do Seixo, onde o público poderá desfrutar dos postos de diferentes artesáns de 10.30 a 20.30 horas.

O obxectivo é promover a artesanía e reivindicar o papel dos artesáns como activo cultural nun momento tan complicado como o da actual crise sanitaria, coa cancelación da súa participación en numerosas actividades.

Os tomiñeses e tomiñesas poderán coñecer as creacións de arredor de 15 artesáns que traballan con distintos materiais e disciplinas, como a xoiería, a costura, a pirografía ou a cristalería, entre outros.

Durante a celebración do evento cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade necesarias.