Filipe Amoedo, do Club Spartan Team de Tomiño, campión galego de promesas de boxeo

Filipe Amoedo, do Club Spartan Team de Tomiño, campión galego de promesas de boxeo O tamén membro do club Marcos Pérez acadou prata na súa categoría no Campionato Galego disputado na Coruña

O Concello de Tomiño traslada os seus parabéns ao Club Spartan de Tomiño, que acaba de engadir novos títulos ao seu xa amplo palmarés deportivo e regresa do Campionato Galego de Promesas de boxeo cunha medalla de ouro e outra de prata.

Filipe Amoedo proclamábase campión galego na categoría dos 71 kg tras un intenso combate entre ambos púxiles no que brindaron un bo e bonito espectáculo para os afeccionados alí presentes, cun último asalto no que o do club tomiñés marcou a diferenza e co que puido levarse a vitoria fronte ao contrincante do BKC da Coruña.

Pola súa banda, na categoría dos 75 kg Marcos Pérez non conseguíu axustar o seu estilo de combate ao do seu rival da escola Old Schol de Vigo e foi superado ao finalizar o primeiro asalto por parada técnica por decisión arbitral, conseguindo a prata para o club tomiñés, dirixido por Charly López.