
07 Set Aberto o prazo de inscrición para participar en Galegas Dixitais Trátase dun programa de formación gratuíto de 120 h dirixido á dixitalización de mulleres
O Concello de Tomiño ven de abrir o prazo de inscrición para participar en Galegas Dixitais, un programa de formación gratuíto dirixido á dixitalización de mulleres organizado en colaboración con ARA BEPROJECT.
Cunha duración de 120h, a formación impartirase na Escola Obradoiro O Regatiño (Goián) do 4 de outubro ao 15 de novembro deste ano. Será de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00h e estará dirixido a mulleres desempregadas do Concello de Tomiño.
O curso ten prazas limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto desde hoxe ata o día 21 deste mes. As persoas interesadas deberán inscribirse a través da no teléfono 886 203 763/604 039 575 (whatsapp) e poden consultar calquera dúbida no Servizo de Orientación Laboral do Concello.
Ao rematar a formación as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo e un ordenador portátil de regalo.
Ficha do curso:
- Nome: GALEGAS DIXITAIS
- Duración: 120h
- Datas: 04/10/2023 15/11/2023
- Horario: 9:00h 14:00h
- Centro: Escola Obradoiro O Re gatiño, Tomiño . AULA 2
- Requisito de acceso ao curso: ser muller, estar en situación de desemprego (ou en
mellora de emprego) , empadroamento no Concello de Tomiño. - Nº de prazas: 25
- Xuntanza previa: 27/09/2023
- Web: https://galegasdixitais.es/