Goián acolle este sábado a 17ª edición do seu festival “Taíña” Sobre o escenario estarán cinco grupos fora de serie e ademais haberá afterparty

O FESTIVAL TAÍÑA de Goián chega á súa 17ª edición. Este SÁBADO, 22 DE FEBREIRO. Sobre o escenario estarán cinco grupos fora de serie e ademais haberá afterparty. Estas son as actuacións e as horas das mesmas:

Kiwi Roots _ 23:30h (música Reggae. Baixo Miño)
– Liska! _ 00:30h (música Ska. Vigo)
– Jolof Warrior & TGHB _ 02:00h (música Reggae. Barcelona)
– Boyanka Kostova _ 3:00h (música Rural Trap. Santiago de Compostela)
– Sapoconcho Sem Poncho _ 04:00h ata remate da festa. (música Balkian e cumbia. Baixo Miño)

Todo no torreiro de festas, debaixo dunha gran carpa. Acceso libre!

A Asociación Taíña traballa todo o ano para poder ofrecer un festival gratuito con grupos vanguardistas de música alternativa de moito nivel, organizando distintas actividades para recadar fondos.