Humor subversivo esta fin de semana en Tomiño con Olivas Negras

Humor subversivo esta fin de semana en Tomiño con Olivas Negras A compañía chega este sábado 26 (21.00 h) ao auditorio de Goián co espectáculo de balde ’12 uvas, dúas mulleres e unha oliva’

Fin de semana de humor rebelde en Tomiño. Este sábado 26 de marzo a compañía Oliva Negra traerá ao auditorio de Goián ’12 uvas, dúas mulleres e unha oliva’, un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica e subversiva no que as actrices Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez reflexionará con humor sobre a realidade das mulleres e a súa propia existencia.

A obra está dirixida por Marián Bañobre, que conta con numerosos premios María Casares ás súas costas pola súa faceta como directora, creadora e actriz. Levará a batuta dunha obra na que Cordón e Vázquez, soas sobre o escenario, fan un percorrido por distintos temas con análises ás veces subversivos pero dunha sinceridade vital. Unha viaxe á que o espectador terá a ocasión de sumarse para observarse e camiñar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.

O espectáculo, dirixido a público adulto, comezará ás 21.00 horas e será totalmente de balde.