Inauguración da “Exposición Tomiño Romano”, hoxe (sábado 25 de outubro) ás 19.00 horas na Casa da Cultura

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN TOMIÑO ROMANO ESTA TARDE ÁS 19.00 HS. NA CASA DA CULTURA DE TOMIÑO

Lembramos que esta tarde, sábado 25 de outubro, ás 19.00 horas, terá lugar a inauguración da Exposición Tomiño Romano, organizada polo Concello de Tomiño coa colaboración da Universidade de Vigo.

Confirmamos a presenza do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; dos responsables do estudo e últimas escavacións do xacemento romano de Currás, e doutras autoridades locais e comarcais.